troita

< lat tructa
Plural: troitas
  1. s f ANIMAL/ICT Peixe de río, da familia dos salmónidos, que ten o corpo fusiforme, a boca grande e a aleta adiposa cunha mancha vermella.
  2. troita arco da vella ANIMAL/ICT Peixe de río, da familia dos salmónidos, que presenta bandas irisadas na pel, e as aletas adiposa e caudal con manchas negras.

Refráns

  • A troita e o unto, canto máis vellos mellor.
  • Non se pillan as troitas coas bragas enxoitas.
  • Troita cara non é sá.

Palabras veciñas