smPLANTAPlanta herbácea anual do xénero Triticum, da familia das poáceas, de follas lineais e flores en espigas terminais que conteñen en cada nó unha espiguiña.
smGran desta planta que se emprega na elaboración de fariña.
Refráns
Cando o trigo está na eira, anda o pan por enriba da artesa.
Cando o trigo está no celeiro, é do que ten diñeiro.
En marzo o trigo nin por sementar nin nado.
O día de san Xoán créballe a raíz ao pan e o día de san Pedro créballe a do medio; o día de Santiago créballe a do cabo; e o día de santa Isabel, foucifias con el.
Se che vai ben o trigo tardeiro, non llo digas ao teu compañeiro.
Trigo centeoso, pan proveitoso.
Trigo que non has de colleitar, deixa de o visitar.