arrepentimento

< arrepentirse
Plural: arrepentimentos
  1. s m Acción e efecto de arrepentirse.
  2. s m Sentimento que experimenta unha persoa por ter feito ou deixar de facer algunha cousa.

Confrontacións

Citas

  • A súa traición prexudicou os intereses da Coroa, e agora sinte un fondo arrepentimento

Refráns

  • Ben me pesa mais non o podo chorar.
  • Deus perdoa ao que a súa culpa chora.
  • Quen pouco ten e o dá, logo se arrepentirá.

Palabras veciñas