smConxunto de persoas que teñen que xulgar e administrar xustiza.
smConxunto de funcionarios que constitúen o órgano estatal encargado de velar pola garantía de orde xurídica.
smLugar destinado aos xuíces para administrar a xustiza e pronunciar sentenzas.
sm plAparato xudicial.
tribunal constitucionalOrganismo colexiado que se encarga de administrar o mecanismo de defensa e garantía da Constitución que resolve os problemas que presenta o cumprimento das normas. Ten xurisdicción sobre todo o territorio español e competencia exclusiva para coñecer dos recursos de inconstitucionalidade, dos de amparo e dos conflitos de competencia.
tribunal de contasÓrgano supremo do estado español fiscalizador das contas e da xestión económica do estado e de toda a actividade económica e financeira do sector público. Depende directamente da Cortes Xerais e ten xurisdición en todo o territorio estatal.
tribunal superior de xustiza de GaliciaÓrgano xurisdicional de máis alto grao dos que existen en Galicia e con sede na Coruña, perante o que se esgotan, con algunhas excepcións, os preitos comezados no territorio da Comunidade Autónoma.
tribunal supremoOrgano xurisdiccional superior, salvo en materias de garantías constitucionais, con sede en Madrid (1812). Ten xurisdición sobre todo o territorio do estado e resolve os recursos de casación.
smARQUIT/HISTPresbiterio nas basílicas paleocristiás situado na ábsida, normalmente elevado, onde sentaban o bispo e os presbíteros.