smContrato entre dúas partes, o arrendador, e o arrendatario, polo que o primeiro traspasa ao segundo unha propiedade a cambio dunha renda periódica mensual ou anual para que faga uso e obteña beneficio dela.
arrendamento de predio rústicoArrendamento de terras de cultivo.
arrendamento de predio urbanoContrato de cesión do uso dunha vivenda ou local de negocio por un prezo e un tempo determinados.
arrendamento de servizosContrato polo que unha das partes obriga a outra a prestar o seu traballo durante un tempo indefinido ou marcado para a realización dunha obra determinada a cambio dun prezo fixado.