traxe

< lat tardío tragere lat trahĕre ‘traer’
Plural: traxes
  1. s m
    1. estimenta exterior completa dunha persoa.
    2. Conxunto de vestir masculino que consta de chaqueta e pantalón, e ás veces chaleco, feitos da mesma tea.
    3. Conxunto de vestir feminino que consta de chaqueta e saia ou pantalón, feitos da mesma tea.
  2. s m Xeito de vestir propio dunha época, país ou rexión, ou dunha profesión.
  3. traxe de baño Peza de roupa que se utiliza para bañarse.