transubstanciación

< lat eclesiástico transubstantiatĭōne
Plural: transubstanciacións
  1. s f Acción de transubstanciar.
  2. s f RELIX Conversión, segundo a definición clásica do concilio de Trento, de toda a substancia do pan no corpo de Cristo e da substancia do viño no seu sangue, quedando só as aparencias ou accidentes dos chamados pan e viño eucarísticos.