transformación

< lat transformatĭōne
Plural: transformacións
  1. s f Acción e efecto de transformar ou transformarse.
  2. s f XEN Mecanismo de transferencia de material xenético entre bacterias, polo que as receptoras sofren modificacións baixo a acción de extractos obtidos a partir doutra cepa.
  3. s f LING Cada unha das operacións necesarias, segundo a gramática xenerativa, para pasar unha frase da estrutura profunda á superficial.
  4. s f MAT Aplicación bixectiva dun conxunto noutro ou en si mesmo.