transferencia

< lat transferente, p pres transferre
Plural: transferencias
  1. s f Acción e efecto de transferir.
  2. s f ECON
    1. Operación pola que se efectúa un traspaso de fondos dunha conta bancaria a outra.
    2. Aumento ou diminución dos ingresos de certos grupos de poboación ou sectores económicos en favor doutros.
    3. Subvencións do estado á empresa privada ou ás unidades familiares.
  3. s f XEN Mecanismo polo que certo material xenético dunha bacteria se incorpora ao xenoma doutra.
  4. s f PSIC/PSIQ Transposición dunha emoción entre o paciente e o psicanalista.
  5. s f TECNOL Sistema de fabricación en cadea perfecta en que as pezas pasan automaticamente dunha máquina á seguinte.