torre

< lat turre
Plural: torres
    1. s f ARQUIT/HIST Construción cilíndrica ou prismática, máis alta que ancha, illada ou sobresaíndo dunha edificación, con función defensiva na Idade Antiga e na Idade Media.
    2. torre de Babel HIST/MIT Construción situada en Shinan (Babilonia) e levantada polos descendentes de Noé, que pretendían que alcanzase o ceo, feito de soberbia que provocou a ira de Iavé, que interrompeu a construción e lles confundiu as linguas.
    3. torre de control AERON Construción feita nun aeroporto desde a que se regula o tránsito dos avións.
    4. torre mestra HIST torre da homenaxe.
  1. s f Construción de material xeralmente metálico e de sección cuadrangular destinada a facer de soporte ao conxunto de condutores dunha liña aérea de alta tensión mediante os illadores correspondentes.
  2. s f XOGO Cada unha das catro pezas do xogo do xadrez, dúas brancas e dúas negras, que ao inicio da partida están situadas nas cuadrículas correspondentes aos catro ángulos do taboleiro.
  3. s f BÉL/HIST Artefacto de guerra antigo en forma de torre, destinado a transportar guerreiros atacantes.