torno

< lat tornu gr τόρνος ‘xiro, volta’
Plural: tornos
  1. s m TECNOL Máquina para redondear pezas de diferentes materiais duros, ou darlles un perfil ou calibre determinado, imprimíndolles un rápido movemento de rotación ao poñelos en contacto cunha ferramenta de corte.
  2. s m TECNOL Máquina simple que consiste nun cilindro que traballa mediante un movemento de rotación.
  3. s m HIST Cabalete de madeira en que se suxeitaba os reos para sometelos a certas torturas.
  4. s m TECNOL Maquinaria empregada para traballar un sólido facéndoo xirar ao redor dun eixe e arrincándolle material para transformalo nunha peza ben definida.
  5. s m CONSTR Tambor xiratorio de eixe vertical con aberturas laterais que, colocado na abertura dunha parede, serve para pasar obxectos dun lado a outro sen que a persoa que está nun lado vexa á que está no outro.

Palabras veciñas