ton

< lat tonu gr τόνος ‘tensión’
Plural: tons
    1. s m FÍS Característica dun son determinado pola frecuencia da vibración fundamental.
    2. ton cardíaco MED Ruído que se sente cando se ausculta a rexión cardíaca.
  1. s m olume ou intensidade da voz nun determinado momento.
  2. s m Inflexión ou modulación da voz en tanto que expresa os diversos sentimentos.
  3. s m MÚS Intervalo que hai entre dúas notas dunha escala, agás de mi a fa e de si a do.
  4. s m Estilo ou modo de expresar algo.
  5. s m FÍS Atributo da sensación visual que permite clasificar as cores segundo a súa intensidade.
  6. s m FISIOL
    1. Grao normal de vigor e tensión.
    2. Estado de elasticidade dun tecido normal e aptitude para cumprir a súa función en resposta a un estímulo ordinario.

Frases feitas

  • A ton loc adv
  • Sen ton nin son. Sen pensar.