tolemia

< tolo
Plural: tolemias
  1. s f Trastorno psicolóxico en que a persoa perde o xuízo.
  2. s f Estado dunha persoa que sofre este trastorno.
  3. s f Dito ou feito propio dunha persoa que perdeu o xuízo.
  4. s f Actitude propia da persoa que obra impulsivamente e sen reflexionar.
  5. s f fig Actitude de quen demostra un excesivo gusto por algo ou por alguén.
  6. s f fig Calidade daquilo que non responde á razón.

Sinónimos

Refráns

  • A loucura non ten cura.
  • De louco todos ternos un pouco.
  • Non louquea quen non pode.
  • O mal que non ten cura é a loucura.
  • Quen de loucura enferma tarde ou nunca sana.