tipo -pa

< lat typu ‘figura’ gr τύπος
Plural: tipos Masculino: tipo Masculino plural: tipos Feminino: tipa Feminino plural: tipas
  1. s m Cada unha das distintas modalidades que se caracterizan por trazos particulares.
  2. s m Cada unha das clases de persoas ou cousas que establecemos por relación con outras cousas e persoas de natureza similar.
  3. s m BIOL Grupo en que se divide o reino animal e vexetal.
  4. s m Figura dunha persoa, especialmente respecto ás proporcións ou esveltez do seu corpo.
  5. s m GRÁF Peza, xeralmente de metal, que leva en relevo unha letra ou un signo daquilo que se quere imprimir.
  6. s m BIOL Espécime cunhas determinadas características morfolóxicas constantes, que serven de criterio para determinar a existencia dun taxon.
  7. s m FILOS/PSIC Cada un dos modelos xenéricos a partir dos que se agrupan os individuos ou as correntes de pensamento en relación á súa maneira de pensar e comportarse.
  8. s col Persoa ou individuo.