tifo

< gr τ ῦ φος ‘estupor’
Plural: tifos
  1. s m PAT Enfermidade infecciosa causada por diversas bacterias do xénero Rickettsia.
  2. s m PAT Enfermidade con estupor.
  3. tifo endémico PAT Tifo causado por Rickettsia mooseri e caracterizado polo feito de que o reservorio é a rata, e o vector, a pulga.
  4. tifo epidémico/exantemático PAT Enfermidade infecciosa de carácter epidémico en épocas de fame, causada por Rickensia prowazekii e transmitida polo excremento dos piollos do corpo.