arquitectura

< lat architectūra
Plural: arquitecturas
  1. s f ARQUIT Conxunto de espazos para o uso e a ambientación do ser humano.
  2. s f p ext Maneira de encaixar e distribuír as diversas partes dun organismo ou dunha obra.
  3. INFORM
    1. s f Xeito de organizarse e interactuar entre si os elementos principais dun ordenador.
    2. arquitectura aberta Arquitectura en que os ordenadores poden traballar en rede con outros de características distintas.
    3. arquitectura de rede Configuración dunha rede informática.
    4. arquitectura pechada Arquitectura en que un ordenador só pode traballar en rede con outros aparatos totalmente compatibles.
  4. arquitectura naval MAR Arte de proxectar e construír navíos.

Citas

  • A arquitectura dun poema