territorio

< lat territorĭu
Plural: territorios
    1. s m Superficie de terra que comprende unha xurisdición.
    2. ordenación do territorio / XEOG/ADM Conxunto de medidas e actuacións públicas que se ocupan da presenza, distribución e disposición do territorio.
  1. s m BIOL Área que un organismo defende fronte a outros membros da súa propia especie ou de especies diferentes.
  2. territorio autónomo DER Porción de territorio nacional ou estatal que goza dun estatuto de autonomía.
  3. territorio estatal/nacional DER Espazo tridimensional en que o estado exerce con titularidade exclusiva o seu poder soberano.
  4. territorio internacional DER Zona que, tendo deixado de formar parte dun determinado estado soberano, non foi anexada aínda a ningún outro nin constitúe o territorio dun novo estado independente.