sfASTRON/XEOG/XEOLTerceiro planeta do sistema solar, atendendo á súa proximidade ao Sol, cuxo período de translación é de 365,26 días e o de rotación é de 23 h 56 minutos, medido en tempo solar. O globo da Terra é aplanado nos polos e o seu raio polar é de 6.356 km, mentres que o ecuatorial é de 6.378 km. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
sfParte sólida da superficie terrestre, en contraposición ao aire e á auga.
sfPorción da superficie da Terra considerada nela mesma ou como pertencente a un individuo ou pobo.
sfZona xeográfica con límites naturais precisos e caracteres culturais, históricos e xeográficos comúns.
terra prometidaRELIXTerra de Canaán ou Palestina, que Deus prometeu a Abraham e á que foron conducidos os hebreos por Moisés despois da escravitude de Exipto.
sfSolo vexetal, material da cortiza terrestre destinado a ser aproveitado pola agricultura.
Frases feitas
Botar por terra. Arruinar ou abater algo.
Botar terra a algo. Ocultar algo ou facer que non se fale m
Da terra. Do pa
Dar terra. Sepultar ou enterrar.
Por terra. Por v
Quedar en terra. Perder un medio de transporte.
Tomar terra. Aterrar un avi
Refráns
A moita terra dá dúas cheas: unha de traballo e outra de miseria.
A terra ben labrada ao seu dono dálle ganancia.
A terra descansada non precisa ser gabada.
A terra morena bo pan leva.
A terra negra bo pan leva, a branca nin pan nin palla.
A terra que non se cobre de herba non é boa nin para a vaca nin para a ovella.
A terra, coa rella ou coa cagada da ovella.
Aterra é femia; quen non a ara en balde sementa.
Aterra moi aradeira, para que n a queira.
Bota terra enriba da terra e verás o pan que leva.
Cada terra, seu uso; cada roca, seu fuso.
Con esterco e rega non hai mala terra.
Da terra ben traballada espera boa anada.
En terra de señorío, almendro ou guindo; en terra real, nogueira e moral.
Monte duro, pan seguro.
Non é boa a terra que sempre hai que loitar con ela.
Non hai mala terra con es terco e rega.
Non hai terra mala cando lle vén a súa anada.
O que en mín lugar fai a viña, ao lombo saca a vendima.
Quen en ruín lugar pon a viña, saca el só nun día a vendima.
Renega da terra que tes que loitar con ela.
Terra boa, terra mala, cada unha dá a súa anada.
Terra folgada sempre gaña.
Terra moi aradeira, para que n a queira.
Terra que dá o cardo, para min a gardo; a que dá o espiño, para o meu veciño.