terminal

< lat termināle
Plural: terminais
  1. adx Que está ou constitúe o final de algo.
  2. adx Que sofre unha enfermidade incurable e está na última fase.
  3. s m Conxunto de instalacións situadas no extremo dun oleoduto.
  4. s m FÍS borne.
  5. s m INFORM Calquera elemento periférico de entrada e de saída que permite servirse a distancia dun ordenador.
  6. s f Cada un dos extremos dunha liña de transporte público.
  7. s f Lugar dun porto, aeroporto ou estación onde os viaxantes desembarcan ou agardan para embarcar.