smSistema ou período máis antigo da era Cenozoica que se caracteriza polo extraordinario desenvolvemento e o predominio dos mamíferos e onde tivo lugar a oroxenia Alpina, que orixinou a formación das grandes cordilleiras, como os Alpes, os Pireneos e os Andes. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
adxQue é o terceiro en orde ou grao.
adxQUÍM
Aplícase ao átomo de carbono que, nun composto orgánico, está unido a tres átomos de carbono.
Aplícase ao grupo funcional unido a un carbono terciario.
Aplícase á amina que ten un grupo -N unido a tres átomos de carbono diferentes.