teoría

< lat theorĭa gr θεωρία
Plural: teorías
  1. s f Conxunto ordenado de ideas, independentes da realidade práctica, que tratan de explicar un fenómeno.
  2. s f Conxunto de coñecementos completo e sistemático sobre unha materia, arte ou ciencia.
  3. teoría atómica de Dalton QUÍM Teoría segundo a que todos os elementos químicos están constituídos por átomos, que permanecen indivisibles durante as reaccións químicas, e que teñen unha serie de propiedades, como a masa atómica, que é característica de cada elemento. Se dous ou máis elementos se combinan, o composto resultante está formado por átomos dos elementos reaccionantes, onde a molécula é a cantidade mínima dun composto, que ten que estar constituída, como mínimo, por un átomo de cada un dos elementos que a orixinan.
  4. teoría BCS FÍS Teoría segundo a que todo o efecto da supercondutividade resulta dunha pequena forza de atracción entre unha parella de electróns con enerxías case iguais (parellas de Cooper). Os electróns libres repélense mutuamente, pero a repulsión está reducida considerablamente por mor do apantallamento dos outros electróns.
  5. teoría de Debye-Hückel FÍS/QUÍM Teoría que explica as propiedades das solucións acuosas de electrólitos fortes, admitindo que están completamente disociados en ións e que as desviacións observadas respecto ao comportamento previsto pola ecuación de Arrhenius proveñen das súas interaccións electrostáticas.
  6. teoría de Dirac FÍS Teoría segundo a que o dilema que presentaba a existencia de solucións correspondentes a estados de enerxía negativos, carentes de significación física, pode resolverse postulando que o oco está ocupado por positróns.
  7. teoría de Gaia ECOL Teoría que considera a superficie da Terra como un sistema integrado, en que os organismos vivos e os factores xeolóxicos e climáticos están interrelacionados e se inflúen mutuamente. OBS: Tamén se denomina hipótese de Gaia.
  8. teoría electrolítica de Helmholtz QUÍM Teoría segundo a que cando un metal ou calquera substancia se disocia en ións ou se somerxe nun disolvente se crea unha diferenza de potencial entre o disolvente e a parte de metal ou substancia que aínda non se disolveu.
  9. teoría de Planck FÍS Teoría, enunciada co fin de atopar unha formulación que satisfixese a experiencia na radiación dun corpo negro, segundo a que calquera sistema físico en que a coordenada que o caracteriza efectúe oscilacións harmónicas simples, soamente pode ter unha enerxía total E que satisfaga a relación E=nhv, onde n é un enteiro (dito número cuántico), h a constante de Planck e v a frecuencia de oscilación.
  10. teoría multigrupo FÍS Teoría da física dos reactores nucleares, segundo a que o intervalo de enerxía en que evolucionan os neutróns se descompón nun determinado número de bandas de características definidas, o que simplifica o estudo do fluxo neutrónico.
  11. teoría quimioosmótica BIOQ Teoría segundo a que nunha membrana que contén transportadores de electróns e de protóns, aparece unha forza promotriz que se debe á diferenza de actividade electroquímica dos protóns a ambos os dous lados da membrana.

Sinónimos