tentación

< lat temptatĭōne
Plural: tentacións
  1. s f Estímulo que provoca o desexo por algo.
  2. s f Aquilo que provoca ese estímulo.
  3. s f RELIX/SOCIOL
    1. Incitación a cometer accións malas.
    2. Proba á que se somete o ser libre para coñecer a capacidade de rexerse pola lei moral ou relixiosa.

Refráns

  • A ocasión abre a porta á tentación.
  • En casa aberta o xusto peca.
  • Fuxindo da ocasión non se cae na tentación.
  • Na arca aberta o xusto peca.
  • Non é honradez probada a que non é atentada.