arquetipo

< lat archetypu gr ἀ ρχητύπος ‘tipo primitivo’
Plural: arquetipos
  1. s m Tipo orixinal ou primario que serve de modelo.
  2. s m ANTROP/PSIC Segundo as escolas psicolóxicas baseadas nas teorías de Jung, estrutura subxacente ás simbolizacións inconscientes do individuo que procede da experiencia colectiva de toda a humanidade, e que son modelos de contos, lendas, mitos ou delirios.
  3. s m BIOL Organismo arcaico, ás veces hipotético, a partir do que se diversificaron as formas actuais dun determinado grupo de seres vivos.
  4. s m FILOS Cada unha das ideas subsistentes que son modelos das realidades sensibles, segundo a filosofía de Platón.
  5. s m LIT/ARQUIV Códice que serve de modelo a unha familia de manuscritos.

Confrontacións