técnico -ca

< lat technĭcu gr τεχνικός
Plural: técnicos Masculino: técnico Masculino plural: técnicos Feminino: técnica Feminino plural: técnicas
    1. adx Relativo ou pertencente ás aplicacións das ciencias e das artes.
    2. adx Que comporta a aplicación dunha técnica determinada.
    3. progreso técnico ECON Proceso de desenvolvemento e perfeccionamento da técnica e da tecnoloxía na súa aplicación á produción.
  1. adx LING Aplícase á linguaxe que se emprega nunha ciencia, arte ou oficio, ou cun sentido diferente do que ten vulgarmente.
  2. s
    1. Persoa versada nunha técnica.
    2. Persoa que ten coñecementos e práctica especiais dunha arte ou oficio.

Palabras veciñas