teca

< gr θ ή κη ‘caixa’
Plural: tecas
  1. s f Estoxo onde se garda unha reliquia.
  2. s f ZOOL
    1. Recubrimento de tecido conxuntivo fibroso que envolve certos órganos dos metazoos.
    2. Cuncha calcaria, quitinosa ou doutra clase, que sostén e envolve o corpo de moitos protozoos rizópodos.
    3. Relevo circular que forma parte do endoesqueleto calcario dun pólipo de madreporario.
  3. s f BOT Metade da antera da flor.
  4. s f PROTISTA Parte encaixada do frústulo das diatomeas.