tártago

< lat tartăru
Plural: tártagos
  1. s m ANIMAL/ENTOM Insecto pterigoto, da orde dos himenópteros, que presenta o segmento abdominal soldado no metatórax e separado do segundo segmento por unha estrangulación moi acentuada. Vive no tronco podre das árbores e aliméntase doutros insectos e zumes doces.
  2. s m PLANTA Planta herbácea anual, da familia das euforbiáceas, que presenta follas sésiles lanceoladas de bordos enteiros e froito globoso. OBS: Tamén se denomina herba rateira.