aromatización

< aromatizar
Plural: aromatizacións
  1. s f Acción e efecto de aromatizar.
  2. s f ALIM Aplicación de aromatizantes
  3. s f IND Formación de hidrocarburos aromáticos no reforming catalítico das fraccións do petróleo. En moitos casos a acción é efectuada en presenza de hidróxeno e chámase hydroforming.
  4. s f QUÍM Transformación dun composto alicíclico en aromático, por deshidroxenización.