tapa

Plural: tapas
  1. s f Peza móbil con que se tapa ou cobre pola parte superior calquera caixa ou recipiente.
  2. s f Cada unha das dúas cubertas de material duro e resistente que cobren o exterior da encadernación dun libro.
  3. s f Cada unha das pezas de sola que, adheridas unha sobre a outra, forman o taco dun zapato ou calquera outro calzado.
  4. s f Pequena porción de alimento que se serve habitualmente en tabernas, bares e establecementos similares para acompañar as bebidas.
  5. s f ZOOL Cuberta córnea que envolve a pouta dos mamíferos que a teñen.
  6. s f Peza aplicada nun dos lados dunha abertura de certas pezas de vestir para que monte sobre o outro lado e peche a abertura.