árnica

< lat ptarnica gr πταρνυκ ή ‘que fai espirrar’
Plural: árnicas
  1. s f PLANTA Herba perenne da familia das asteráceas, de ata 60 cm de altura, cun pequeno rizoma do que parte unha roseta de follas ríxidas e ásperas, e un talo piloso, acabado nun capítulo amarelo, solitario.
  2. tintura de árnica MED Extracto alcohólico de árnica que posúe propiedades medicinais vomitivas e estimulantes do sistema nervioso.

Palabras veciñas