suxeito -ta

< lat subiectu, p p de subiicĕre
Plural: suxeitos Masculino: suxeito Masculino plural: suxeitos Feminino: suxeita Feminino plural: suxeitas
  1. p reg suxeitar.
  2. adx Que está collido ou agarrado con forza.
  3. adx Que está sometido ao poder ou ao efecto de algo ou alguén.
  4. s m
    1. Persoa á que se quere facer referencia dunha maneira imprecisa.
    2. FILOS Ente concibido como substancia, consciente e principio de acción, onde a realidade se fai coñecida.
  5. s m DER Titular dun órgano administrativo que actúa en interese da administración.
  6. s m LING
    1. Función sintáctica que desempeña un substantivo, pronome ou sintagma nominal en concordancia co verbo, que indica quen realiza ou que cousa orixina a acción do verbo.
    2. Elemento ou conxunto de elementos lingüísticos que, nunha oración, desempeñan a función de suxeito.