armiño

< lat armenĭu ‘de Armenia’
Plural: armiños
  1. s m ANIMAL Mamífero carnívoro da familia dos mustélidos, duns 30 cm de lonxitude do corpo e arredor de 11 cm de rabo. O seu pelame é delicado e moi suave, e pode presentar distintas cores segundo a estación: no inverno é branco e no verán, castaño avermellado coa zona ventral branca.
  2. s m HERÁLD Figura convencional, en forma de punta de frecha negra e longa con tres puntos no seu vértice superior, que vai en campo de prata e tenta representar a cola do armiño.
  3. s m TÉXT Pel do mamífero do mesmo nome.

Confrontacións