suspensión

< lat suspensĭōne
Plural: suspensións
  1. s f Acción e efecto de suspender.
    1. s f DER Pena que priva en todo ou en parte o uso dun dereito.
    2. suspensión de garantías constitucionais / DER/POLÍT Situación anormal da orde pública que consiste na supresión temporal total ou parcial das garantías persoais e dos dereitos públicos da constitución.
  2. s f MÚS Adorno na execución musical, que consiste nunha prolongación ou nun retardo ao facer soar unha determinada nota.
  3. s f QUÍM/FÍS Dispersión dun sólido nun líquido sen disolverse nin depositarse.
  4. s f
    1. Aquilo con que está suspendida algunha cousa.
    2. Conxunto de elementos mecánicos dun vehículo para amortecer as vibracións do terreo.