accesorio -ria

< acceso
Plural: accesorios Masculino: accesorio Masculino plural: accesorios Feminino: accesoria Feminino plural: accesorias
  1. adx Que acompaña ou depende do principal.
  2. s m Anexo ou complemento dunha cousa que non constitúe o corpo principal.
  3. s m Adorno, ornamental ou funcional, que acompaña as pezas de vestir.
  4. s m TECNOL
    1. Dispositivo que se monta nunha máquina para modificar o seu funcionamento básico.
    2. Peza que, sen formar parte dunha máquina ou instrumento, serve para completar o seu funcionamento.
  5. s m Obxecto ou dereito que acompaña a outro principal, do que depende a súa existencia.
  6. s m DEC Cada un dos pequenos elementos que completan o paramento da decoración, usados especialmente a efectos de composición.
  7. mineral accesorio XEOL Mineral que se atopa formando parte dunha rocha en pequenas cantidades.
  8. palabra accesoria LING Unidade lingüística morfoloxicamente independente, cunha significación que só aparece en combinación con outras unidades, adoitando por isto ser incapaz de presentarse soa nunha comunicación axeitada.

Citas

  • El só quería a tranquilidade de espírito, o resto era accesorio
  • Necesito un aparello accesorio do motor para arranxalo