armeiro

Plural: armeiros
  1. s m ICT Agrupación de sardiñas en forma de torre circular que se forma de día nas rías galegas cando son perseguidas por outros animais mariños.
  2. s m ORNIT Agrupación de gaivotas e outras aves mariñas que voan sobre un punto do mar onde abundan os peixes.
  3. s m PESCA Procedemento de localización dos bancos de peixe que consiste en localizar os cardumes segundo haxa ou non concentración de toniñas e aves mariñas. Practícase entre os meses de febreiro e abril. OBS: Tamén se denomina mansío.

Confrontacións