suor

< lat sudōre
Plural: suores
  1. s f FISIOL Líquido oloroso e incoloro, de funcións termorreguladoras e de excreción, que produce a actividade secretora das glándulas sudoríparas da pel a través dos seus poros.
  2. s f Esforzo fatigoso.

Refráns

  • Antes suar que tremar.
  • Máis vale suar que espirrar.
  • Vale máis suar, que tusir e arrepiar.