suma

< lat summa
Plural: sumas
  1. s f
    1. Operación que consiste en facer corresponder a cada parella de elementos dun determinado conxunto outro elemento do mesmo conxunto.
    2. MAT Resultado da adición de varias cantidades nunha soa, que se simboliza con +.
  2. s f
    1. Reunión ou conxunto de certas cousas.
    2. Cantidade determinada de diñeiro.
  3. s f
    1. Recompilación de todas as partes dunha ciencia.
    2. FILOS/RELIX Colección, que se realizou na Idade Media, de sentenzas ordenadas (suma de sentenzas) ou dun tratado completo de filosofía ou teoloxía (suma filosófica ou suma teolóxica).