suevo -va

< lat Suevus
Plural: suevos Masculino: suevo Masculino plural: suevos Feminino: sueva Feminino plural: suevas
  1. adx Relativo ou pertencente aos suevos.
  2. s ETN/HIST Individuo do pobo suevo.
  3. s m pl ETN/HIST Pobos xermánicos que, por mor da presión dos hunos, atravesaron o Rin e se encamiñaron cara a Occidente (406). Entraron na Península Ibérica xunto cos vándalos e os alanos (409) e asentáronse no occidente hispánico.

Palabras veciñas