arlequín

< it arlecchino fr antigo Herlequin ou Hellequin, cabeza dunha banda lendaria de demos
Plural: arlequíns
  1. s m Gracioso ou bufón que forma parte dalgunhas compañías de acróbatas.
  2. s m Persoa vestida con este traxe de cadros ou rombos de distintas cores baseado no personaxe cómico da antiga comedia italiana.
  3. s m Persoa informal ou de pouca personalidade.
  4. s m ANIMAL/ENTOM Coleóptero da familia dos cerambícidos, de longas antenas, con élitros manchados de negro, vermello e pardo, que teñen un aspecto arlequinado. Son propios das zonas ecuatoriais de América do Sur.

Citas

  • Na festa do entroido había cinco arlequíns