aritmética

< < lat arithmetica
Plural: aritméticas
  1. s f MAT Estudo dos números naturais e das operacións de adición, substracción, multiplicación, división enteira, elevación á potencia e extracción de raíces enteiras entre eles. Naceu xunto coa linguaxe para denominar conxuntos de persoas ou de obxectos.
  2. aritmética política ECON Corrente do pensamento económico iniciada en Inglaterra, que pode ser considerada precursora da moderna estatística.

Confrontacións