aristocracia

< gr ἀ ριστοκρατία ‘goberno dos mellores’
Plural: aristocracias
  1. s f HIST/SOCIOL Forma de goberno na que o poder reside nun grupo social reducido e privilexiado por razóns de liñaxe ou poder económico.
  2. s f p ext Estamento nobre.
  3. s f p ext Conxunto de persoas ou cousas que se considera por riba das da mesma especie polas súas calidades.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • A aristocracia do saber
  • Na voda da filla dos Condes só estivo convidada a aristocracia