soporte

< soportar
Plural: soportes
  1. s m
    1. QUÍM Substancia sobre a que, nunha reacción química, queda fixada unha substancia activa, e que non intervén na reacción.
    2. Cousa ou persoa que soporta ou sostén algo. Tm fig.
  2. s m ARQUIT Elemento ou estrutura que serve como apoio mantendo a estabilidade do conxunto.
  3. s m INFORM Medio físico que se emprega para gravar información.