smFISIOLEstado fisiolóxico que constitúe o período de descanso do corpo e da mente, durante o que a consciencia e a vontade quedan suspendidas e as funcións orgánicas diminúen.
smDesexo ou necesidade de durmir.
enfermidade do sonoPATEnfermidade causada por algunhas especies de Trypanosoma e transmitida pola mosca tse-tse, que se caracteriza pola aparición de paroxismos febrís con erupcións cutáneas e unha tendencia ao sono profundo e permanente.
Citas
Voume deitar porque teño moito sono
Frases feitas
Coller/dar/pegar/prender o sono. Quedar a durmir.
Quitar o sono. Preocupar algo.
Refráns
Canto máis se dorme, menos se vive.
Canto se deixa de durmir, gáñase de vivir.
Durmindo esquéncense as coitas.
Durmirei, durmirei e boas novas toparei.
O que ten besta soña coa albarda.
O sono e a morte son irmáns xémeos.
Padezo este mal que me ha consumir: que despois de farto bótome a durmir.
Para o moito sono non hai xergón duro.
Quen moito dorme, lagañas cría.
Quen moito dorme, pouco aprende.
Soñaba o cego que vía e soñaba o que quería.
Soñar durmindo ou soñar desperto é como andar a rolos ou dando voltas por un deserto.