sonda

< fr sonde
Plural: sondas
  1. s f MAR Peza de chumbo posta no extremo dunha corda fina que serve para determinar a profundidade do mar.
  2. s f MED Instrumento cilíndrico destinado a explorar os condutos ou cavidades ou ben a practicar un cateterismo.
  3. s f IND Instrumento de perforación que se emprega para abrir buracos moi profundos no solo co fin de recoñecer o terreo, para extraer minerais en estado líquido ou gasoso ou para inxectar cemento ou salmoira co fin de consolidalo ou conxelalo.
  4. sonda espacial ASTRON Enxeño espacial non tripulado, destinado á exploración automática doutros astros ou do medio interplanetario ou interestelar.

Palabras veciñas