son

< lat sŏnu
Plural: sons
  1. s m FÍS Sensación que perciben os órganos auditivos dos animais, debido ao movemento perturbador da presión e á densidade do medio material que os envolve, provocado por unha vibración que se propaga en forma de onda sonora.
  2. s m LING Calquera emisión fónica capaz de ser interpretada fonoloxicamente.
  3. s m METROL Unidade de intensidade ou nivel de sensación sonora que equivale a 40 fons

Frases feitas

  • A son de/Ao son de Ao lado de.

Formas incorrectas

sonido