solto -ta

< lat v *soltus solūtu, p p de solvĕre ‘desatar’
Plural: soltos Masculino: solto Masculino plural: soltos Feminino: solta Feminino plural: soltas
  1. p reg soltar.
  2. adx
    1. Que non está suxeito. Tm fig.
    2. Que está libre ou que pode obrar segundo a súa vontade. Tm fig.
  3. adx Que está separado e que non forma parte dun conxunto.
  4. adx Que está pouco compacto e ten pouca consistencia.
  5. adx Que non está empaquetado nin envasado.
  6. adx Que non é axustado nin cinguido.
  7. adx Que está descambiado. Tm s m, referido a diñeiro.
  8. adx LIT Aplícase ao verso que non rima dentro dunha composición.