sólido -da

< lat solĭdu
Plural: sólidos Masculino: sólido Masculino plural: sólidos Feminino: sólida Feminino plural: sólidas
  1. adx Relativo ou pertencente a un sólido ou coas súas características.
  2. adx Que opón unha gran resistencia ás forzas que tenden a deformalo.
  3. adx Que presenta unha boa base e non se destrúe con facilidade. Tm fig.
    1. adx Que está en estado sólido. Tm s m, referido a corpo.
    2. estado sólido FÍS Estado da materia en que as moléculas que a compoñen, a causa das forzas de cohesión, teñen un movemento entre elas moi restrinxido.
  4. s m MAT Porción do espazo limitada por superficies planas ou curvas que dan lugar a unha figura en tres dimensións.