Estrela arredor da que xiran os planetas do sistema solar que ten unha masa de 1,99 x 10 30 kg e a aceleración da gravidade na fotosfera é de 27,4 m/s 2 . OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
Calquera corpo celeste de natureza análoga ao Sol.
smLuz e calor que irradia o Sol.
smECONUnidade monetaria principal do Perú.
Frases feitas
De sol a sol. Desde que nace o Sol ata que se pon.
Facer un sol de xustiza. Facer moita calor.
Tomar o sol. Expo
Refráns
Auga e sol, tempo de requeixón.
En poñéndose o sol, acabouse o labor.
Nin por sol nin por soleza, nunca deixes a manteza.
No día de san Xoán baila o sol pola mañán.
O sol do inverno sempre anda por detrás do outeiro.
Ó sol madrugadeiro non lle abras o medeiro.
O sol madrugador non é o mellor.
O sol na eira e a auga na nabeira.
O sol na eira e a chuvia na nabeira.
O sol, o médico e o alguacil entran cando queren e volven saír.