sociedade

< lat societāte
Plural: sociedades
  1. s f Agrupación de persoas que conviven de forma organizada.
    1. s f Agrupación de individuos que teñen un mesmo trato ou relación.
    2. sociedade conxugal DER Relación estable, socialmente lexitimada como matrimonio ou simplemente recoñecida, e que é a base da institución familiar
    3. sociedade de consumo / SOCIOL/ECON Expresión con que se designa o estado e a etapa actuais do desenvolvemento capitalista da sociedade, baseado na creación de necesidades ficticias por superar a saturación da produción.
  2. ECON
    1. s f Agrupación ou asociación pactada de persoas físicas ou xurídicas co fin de levar a termo unha actividade económica ou mercantil determinada.
    2. sociedade anónima Sociedade mercantil e capitalista, en que predomina o elemento persoal, o capital divídese en accións e a responsabilidade dos socios limítase ao capital que achegaron
    3. sociedade colectiva Sociedade en que os socios responden persoalmente, subsidiariamente, solidariamente e dunha maneira ilimitada das débedas sociais
    4. sociedade cooperativa Sociedade realizada con capital variable e organizada baixo os principios democráticos de igualdade de dereitos e deberes entre os socios e de libre entrada e saída sen discriminación dos seus membros.
    5. sociedade limitada Sociedade mercantil en que a responsabilidade dos socios está limitada á súa participación e o capital está representado por participacións.
    1. s f Conxunto de persoas reunidas de xeito oficial e estable para perseguir un fin común.
    2. sociedade de instrución EDUC Agrupación de emigrantes que promoveron, a principios do s XX, a educación e a cultura nas súas comunidades de orixe.
    3. sociedade económica de amigos do país HIST Institución cultural creada en diferentes rexións de España no último terzo do s XVIII.
  3. s f BIOL Comunidade natural, que se define pola presenza nun biótopo dun certo número de especies que poden interactuar entre elas.

Refráns

  • Non deixes a comunidá, que non che pesará.
  • Non naceches para ti soilo; outro para ti e ti para outro.
  • Ola de moitos nunca ben coceo
  • Quen comunidade desexa, convén que común sexa.