socialismo

< social
Plural: socialismos
  1. s m POLÍT Conxunto de doutrinas que, en oposición ao individualismo, propugnan unha reforma radical da organización da sociedade para a supresión das clases sociais mediante a colectivización dos medios de produción, de cambio e de distribución.
  2. socialismo científico POLÍT Fase transitoria do socialismo desenvolvida por K. Marx, unha vez superado o socialismo utópico, que propoñía transformar a realidade e acelerar o triunfo do socialismo.
  3. socialismo utópico POLÍT Fase inicial da evolución do pensamento e da acción socialista que se caracteriza pola crítica das estruturas e relacións sociais vixentes e a descrición teórica dun futuro sistema social ‘perfecto’, harmónico e baseado na igualdade de todos os homes.