smConxunto ordenado de normas ou procedementos para o funcionamento de algo.
smConxunto orgánico de principios ou regras, sobre unha materia, enlazados dunha maneira racional.
sistema económicoECONConxunto coherente de relacións capaz de dar conta dos obxectivos e dos medios da organización económica e total da sociedade.
sm
Conxunto de elementos materiais, relacionados dalgunha maneira entre eles ou interdependentes, que constitúen un todo orgánico, suxeito xeralmente a determinadas leis.
ANAT/FISIOLConxunto de órganos, de orixe embrionaria xeralmente común, especializados en levar a termo unha función determinada e constituídos fundamentalmente por un só tecido.
ASTRONConxunto de corpos celestes que pertencen a un único complexo orgánico constituído.
BIOLEstrutura celular que leva a cabo unha función determinada.
QUÍM/FÍSRexión do espazo que se illa artificialmente para sometela a estudo.
smConxunto de elementos estruturais, de instrumentos ou mecanismos, reunidos nun complexo orgánico, destinado a servir determinadas operacións, con fins técnicos ou científicos.
sistema de unidadesMETROLConxunto coherente de unidades de medida.
sistema internacional [SI]METROLSistema de unidades que ten como unidades fundamentais as catro do sistema MKSA, ademais do kelvin (K) para as temperaturas, o mol para a cantidade de materia, e a candela (cd) para a intensidade luminosa.
sistema métrico decimalMETROLSistema decimal de unidades que se basea no metro e no quilogramo.
sistema monetario internacionalECONConxunto de organismos financeiros internacionais e de relacións monetarias que existen entre os diferentes países.
smConxunto de elementos, máis ou menos abstractos, coordinados entre si, pero non necesariamente dependentes os uns dos outros.
smLINGRelación que liga todos os elementos lingüísticos dun nivel dado.
smMATConxunto de cantidades ou obxectos que teñen algunha propiedade común.
sistema operativoINFORMConxunto dos diferentes programas que controlan o funcionamento dun ordenador.
sistema de StockQUÍMSistema empregado na nomenclatura química inorgánica para indicar as proporcións relativas dos elementos ou grupos constituíntes dunha substancia, mediante o uso de cifras romanas que se refiren ao estado de oxidación dos elementos.
sistema HLABIOQSistema de antíxenos de histocompatibilidade detectados na membrana da maioría das células do organismo,que é o máximo responsable da reacción de rexeitamento no caso de transplante de órganos ou tecidos.
sistema reticuloendotelialBIOLConxunto de células que forman o tecido reticular e o endotelio dos vasos capilares do fígado, do bazo e dos órganos linfáticos.
istema RHBIOQs
sistema WadeLINGSistema de transcrición do chinés ideado por Francis Thomas Wade (1818-1895) e modificado posteriormente por Herbert Allan Giles (1845-1935), polo que tamén é coñecido como sistema Wade-Giles.